Saturday 18 de May de 2024

O Concello homenaxeará á poeta Luísa Villalta na tradicional ofrenda floral do Día de Todos os Santos


Tamén se recordará aos pasaxeiros do voo 118 de Aviaco con motivo do 50 aniversario da traxedia aérea de Montrove

Ao remate do percorrido, farase unha ofrenda floral no monumento aos Mártires pola Liberdade

O Concello da Coruña levará a cabo este mércores día 1 de novembro a tradicional ofrenda floral de Todos os Santos, no cemiterio municipal de Santo Amaro. Este ano, a homenaxeada será a poeta coruñesa Luísa Villalta, figura escollida pola Real Academia Galega para a conmemoración das Letras Galegas 2024, cando se conmemora o 20 aniversario do seu falecemento. “Luísa Villalta representa toda a liberdadade e inconformismo que nos identifica aos coruñeses e coruñesas, así como o profundo liderado cultural que ten a nosa cidade e que queremos reivindicar e lembrar coa homenaxe á súa figura” explicou a alcaldesa, Inés Rey.

Neste ano 2023 recórdase o 50 aniversario do voo 118 de Aviaco, considerada a maiortraxedia aérea de Galicia con 85 persoas falecidas, 79 pasaxeiros e seis tripulantes, a totalidade de persoas a bordo do avión. “Moitas familias coruñesas perderon os seus achegados hai medio século e neste día de lembranza queriamos renderlles unha especialhomenaxe de cidade para que saiban que A Coruña non os esqueceu” sinalou Rey.

A alcaldesa, Inés Rey, presidirá a cerimonia solemne que comezará, como cada ano, na Cruz dos Esquecidos coa actuación da Coral Polifónica Follas Novas. O percorrido rematará coa tradicional ofrenda no monumento aos Mártires pola Liberdade, en recordo a todas as vítimas do franquismo na Coruña. “O 1 de novembro é un día de recordo e como cada ano rendémoslle tamén homenaxe a todas as vítimas do franquismo, facendo con ela non só memoria senón tamén xustiza” concluíu a alcaldesa.